Inauguración Costa da Morte

Preto de 80 participantes na nova edición do programa da Universidade Sénior da UDC na Costa da Morte

Mañá, martes 10 de febreiro, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio a inauguración da 8ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento da Universidade Sénior da Universidade da Coruña, dirixido a persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte. Zas foi o primeiro concello da comarca en contar con este programa, que ata ese momento só se impartía nas cidades da Coruña e Ferrol. Nesta nova edición, preto de 80 participantes toman parte nesta iniciativa educativa.

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon así en marcha unha nova edición deste programa de formación universitaria específico, que conta coa financiación da Xunta de Galicia e coa colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte e do Concello de Zas.

As sesións desenvolveranse durante os meses de febreiro e marzo no Centro Sociocultural de Baio (Zas) e contan cun total de 79 persoas inscritas, procedentes dos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laxe, Vimianzo e Zas. O programa estrutúrase en tres módulos, compostos por sesións teóricas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña. As actividades celebraranse dous días á semana, en horario de 17:00 a 19:00 horas, e abordarán unha ampla variedade de temáticas de interese social, cultural, científico e sanitario.

Ao acto de inauguración asistirán a directora, Matilde García Sánchez, a adxunta á dirección da Universidade Sénior da UDC, Susana Iglesias Antelo, e o alcalde de Zas e presidente do GDR “Costa da Morte”, Manuel Muíño Espasandín.

MÓDULO I. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

• 10 de febreiro: “O xigante esperto: China, a gran descoñecida”, do prof. Iván Nieto Cerdeiriña

• 11 de febreiro: “Arte de vangarda: manual de instrucións”, do prof. Fernando Agrasar Quiroga

• 24 de febreiro: “A xustiza penal en España: mitos e realidades”, da profa. Eva Mª Souto García e o prof. J. Antonio Ramos Vázquez

MÓDULO II. CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA

• 3 de marzo: “A revolución dixital na xestión da auga”, do prof. Antonio J. Díaz Longueira

• 4 de marzo: “O coche do futuro moverase con hidróxeno?”, da profa. Socorro Castro García

• 10 de marzo: “Enerxías renovables e transición ecolóxica: o papel da cidadanía”, da profa. Lucía Paz Aldrey

MÓDULO III. CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE

• 17 de marzo: “Cerebro: memoria, sono e rock and roll”, do prof. Casto Rivadulla Fernández

• 18 de marzo: “Evolución ou extinción: eu decido”, da profa. Esther Fernández Fernández

• 24 de marzo: “Cambio climático: causas, consecuencias e solucións”, do prof. Salvador Fojón Polanco

Con este programa, a Universidade Sénior reafirma o seu compromiso de achegar a formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos das comarcas da Costa da Morte, dando resposta ás súas inquedanzas e necesidades formativas desde a posta en marcha desta iniciativa no ano 2018.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.