Costa da Morte 2023 - clase

Preto de 60 persoas maiores de 60 anos participan na nova edición da Universidade Senior

O vindeiro luns 19 de febreiro, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio, a inauguración da nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento

Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co GDR Costa da Morte e o Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de febreiro a abril, no Centro Sociocultural de Baio.

Un total de 58 alumnos e alumnas maiores de 50 anos, procedentes de 7 concellos das comarcas que fan parte da Costa da Morte participarán entre febreiro e abril nun programa que será inaugurado o día 19 de febreiro, ás 17:00 horas, coa presenza da Directora da Universidade Sénior e mailo Alcalde do Concello de Zas.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I. PATRIMONIO E SOCIEDADE

19 de febreiro, “O imaxinario social da natureza e os seus desastres” – Prof. Elvira Santiago Gómez

27 de febreiro, “A moda a través da historia” – Prof. Elvira Lezcano González

29 de febreiro  “Zas: Unha cidade e unha historia” – Prof. Miguel Abelleira Doldán

1 de marzo, Visita Cultural á Coruña – Prof. Miguel Abelleira Doldán

MÓDULO II. CIENCIA E TECNOLOXÍA

4 de marzo, “I+D e Innovación en Galicia”  -Prof. Alfonso Bravo Juega

5 de marzo, “Situarse no mar: o ceo como guía” – Prof. Alsira Salgado Don

11 de marzo, “Ciencia con datos” – Prof. Salvador Naya Fernández

12 de marzo, Saída de Campo á Casa das Ciencias (Planetario)  – Prof. Alsira Salgado Don

MÓDULO III. SAÚDE E BENESTAR

18 de marzo, “Factores de risco de demencia” – Prof. J. Luis Rodríguez-Villamil Fernández

19 de marzo, “Que e o edadismo? Reflexionando para acadar unha sociedade inclusiva – Prof. Raquel Veiga Seijo

1 de abril, “Augas termais e Saúde” – Prof. Rosa Meijide Faílde

2 / 3 de abril, Saída de Campo ao Balneario de Carballo Prof. Rosa Meijide Faílde

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, ca intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.