Merendeiro Monte de San Roque

Máis información sobre Merendeiro Monte de San Roque

Baixo os carballos do Monte de San Roque, atoparás mesas, grellas e papeleiras nun contorno natural perfecto para relaxarse. A sombra, o aire fresco e as vistas dos arredores fan deste lugar de merenda un clásico para un día de relax en Zas.

É un lugar estupendo para levar un pícnic e combinalo cunha tranquila camiñada pola montaña. Se che gusta o turismo lento, aquí tes un plan sinxelo e auténtico no corazón da Costa da Morte interior.

Máis merendeiros

No Concello de Zas tamén se come entre carballeiras e á beira do río. Os nosos merendeiros ofrecen mesas, parrillas e sombra para que traías a túa cesta e goces dun picnic con produto local, natureza e tranquilidade. Un plan sinxelo e familiar para descubrir a Costa da Morte interior con pausa.

Non. Son de uso libre por orde de chegada. Se ides en grupo, evitade horas punta e compartide o espazo.

Só nas parrillas habilitadas e nunca en días de alto risco de incendios. Se hai vento forte, non o prendas.

Leva contigo todos os residuos (tamén cabichas e restos de comida). Deixa mesa e parrilla limpas.

Si, pero sempre controladas (con correa se hai xente). Recolle os seus excrementos e respecta as zonas de baño sinalizadas.

Non. Trae o teu carbón/biocombustible e non empregues xabóns nin deterxentes nos cursos de auga.

Aparca só nas zonas sinalizadas. Ante incendios ou condutas perigosas, chama ao 112 (emerxencias) ou ao 085 (incendios forestais en Galicia).

Comparte esta ruta en redes

Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.