bono_social_electrico2

Podes beneficiarte do novo bono social?

A continuación detallamos os principais requisitos para acceder ao bono social eléctrico.

A continuación indicamos as claves para acceder ao bono social eléctrico. O primeiro que debes saber é que a data límite para renovar o bono socail ampliouse ate o mes de outubro de 2018.

A primeira condición para acceder, en todos os casos, é ter contratada unha potencia igual ou inferior a 10kw e estar acollido á facturación regulada (PVPC) e non en mercado libre (pódese pedir o cambio na propia solicitude do bono social sen custe adicional). En todos os casos, solo se aplica á vivenda habitual. Unha vez cumpridas estas bases, falta por acreditar unha das seguintes condicións.

Requisitos para ser considerado consumidor vulnerable (só é necesario cumprir un):

  • Ter unha renda individual (no caso dun só adulto no fogar) ou familiar que non supere os 11.280€ anuais, no caso de fogares sen nenos (1,5 veces o IPREM), 15.000€ para familias cun menor (2 veces o IPREM) ou 19.000 euros anuais se hai 2 menores no fogar (2,5 veces o IPREM). Estes umbrais soben no caso de discapacidade, vítimas da violencia de xénero ou do terrorismo.
  • Familias numerosas ou pensionistas coa pensión mínima de xubilación ou incapacidade permanente e non teñan outros ingresos.

Quen cumpran estes requisitos, considéranse consumidores vulnerables; o que significa que poderán acceder a un desconto do 25% na súa factura da luz. Tamén se establece un desconto superior, do 40%, para os denominados vulnerables severos. Para acceder a este nivel, os umbrais son moito máis baixos.

A renda calcúlase sumando a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da última Declaración da Renda presentada (casiñas 392 e 405). Se o solicitante ou algún membro da unidade familiar non presentou a Declaración porque non estaba obrigado, a Axencia Tributaria incluirá os rendementos do traballo, do capital ou de actividades económicas e ganancias e pérdidas patrimoniais que consten nos seus datos. No caso de familias con varios membros con ingresos, sumarase a cifra de todos eles.

Unha vez concedido o bono social eléctrico, a solicitude deberase renovar cada dous anos; excepto no caso de familias numerosas, que acceden ao desconto até que deixan de selo.

 

Máis información:

Concello de Zas – Departamento de Servizos Sociais

981 70 83 03

 

Enlaces de interese:

 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 Marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 Marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.