presentacion-equpacion-cd-concellodezas

Os 90 nenos e nenos das diferentes categorías do CD Concello de Zas estrean equipación

Axa Seguros, Pizzería Tivoli, Café Bar Tabares, Demoliciones Coruña, Camping Brandoñas, Xea Xestión Ética do Abandono, Construcciones Sousa, Anxega e o Concello de Zas son as entidades patrocinadoras

 

Esta semana presentouse a equipación que vestirán durante a tempada 2023/2024 os 90 nenos e nenas que xogan nos equipos de infantil, alevín, Benxamín, prebenxamín e biberón do CD Concello de Zas.

As equipacións, en cor vermella, chegan cos patrocinios de varias empresas locais entre as que están Axa Seguros, Pizzería Tívoli, Café Bar Tabares, Demoliciones Coruña, Camping Brandoñas, XEA xestión ética do abandono, Construcciones Sousa, Anxega e o propio Concello de Zas. Ao acto de presentación da equipación, que tivo lugar na Casa do Concello, asistiron representantes das empresas patrocinadoras xunto co Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, José Brenlla. 

Durante o acto, o rexedor aproveitou a ocasión para agradecerlle aos patrocinadores o seu apoio ao fútbol base. Esta é unha das tempadas con maior número de xogadores e xogadoras e que segundo sinalou Manuel Muíño “é froito da aposta que fixemos dende o noso equipo de goberno para a creación do Club Deportivo Concello de Zas e conservar así as categorías base do fútbol local”. 

Dende a creación do Club, no ano 2016, o Concello de Zas apoia economicamente o equipo. Esta tempada fixo unha achega de 10.000 euros.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 Xuño, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 Xuño, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 Xuño, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...