ximnasio-municipal-baio

O ximansio municipal de Baio abre as súas portas

O uso das instalacións é gratuíto ata o 30 de xuño

 

Esta tarde tivo lugar o acto de posta en funcionamento do primeiro ximnasio municipal do Concello de Zas que está ubicado no pavillón de Baio. Con este novo servizo que se pon a disposición de toda a veciñanza, o equipo de goberno municipal dá un paso máis no fomento e na promoción do deporte.

O Concello de Zas fixo un investimento de 200.000 euros na reforma do pavillón municipal de Baio e na adquisición do material deportivo co que está equipado o ximnasio. Tal e como sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas, no acto de presentación que tivo lugar esta tarde. 

O uso das instalacións é gratuíto ata o 30 de xuño e as persoas interesadas en utilizalas deben completar a ficha a inscrición e entregala no Centro Sociocultural de Zas ou no Centro Sociocultural de Baio. A día de hoxe xa hai máis de 100 persoas inscritas.

Equipamento e horarios

O ximnasio municipal de Baio – ubicado no pavillón – conta con dúas salas que en total suman 150m2. Unha delas; a sala de cardio, conta con tres cintas, dúas elípticas, unha bicicleta reclinada, un remo e catro bicicletas de spinning. A outra sala, a de musculación, está equipada cunha máquina multipress, extensión de cuádriceps, prensa, aducción, abducción, remo sentado, rack e poleas así como diverso material para o adestramento libre. As dúas salas están videovixiadas. Ademais conta con vestiarios e aseos masculinos e femininos.

As portas abriranse ao público o vindeiro luns, 17 de abril, e o horario de funcionamento do ximnasio é de luns a venres de 09:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas. Un monitor estará nas instalacións en horario de luns a venres de 16:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas.

O uso das instalacións está indicado para as maiores de 16 anos. Os/as usuarios/as de entre 16 e 18 anos deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.