oscar_lema_deixa_primeira_lina_politica

O Tenente de Alcalde Óscar Lema Romero anuncia que deixa da primeira liña política

Segue coa súa acta de concelleiro e traballando día a día con todo o equipo de Goberno e con Manuel Muíño que, segundo indicou, “é o mellor alcalde que Zas pode ter”
 

Hoxe foi unha mañá moi emotiva para o BNG de Zas. Xusto ao rematar o pleno extraordinario, Óscar Lema Romero aproveitou a presenza de representantes de distintos medios de comunicación da zona e de todo o equipo de Goberno do BNG de Zas para  anunciar que a comezos do 2020 deixa a primeira liña política. “Quero deixar claro que esta é unha decisión totalmente persoal e tamén me gustaría que todos e todas entendérades que despois de 20 anos necesito un descanso”, sinalou Óscar Lema. 

Durante o seu anuncio, aclarou que continúa coa súa acta de concelleiro e participando na Xunta de Goberno. “Sigo aquí. Así que xunto cos meus compañeiros e compañeira de Goberno, seguirei achegando a miña experiencia de todos estes anos e traballando día a día con Lolo, que é o mellor Alcalde que Zas pode ter”.

O concelleiro quixo facer un repaso da historia do BNG de Zas dende os seus inicios, no ano 1999 e cando el contaba con 19 anos, ata a actualidade. Óscar Lema é concelleiro de Zas dende o ano 2001.

Non foi quen de conter a emoción no momento de agradecer o cariño que recibiu ao longo de todos estes anos por parte dos veciños e veciños, dos traballadores municipais e tamén dos compañeiros e compañeiras de partido cos que sinalou que compartira “moitos sobresaltos e moitas preocupacións pero tamén moitos bos momentos”. De todos e todas eles destacou son xente honesta, traballadora e boas persoas.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, desexoulle o mellor tanto no persoal como no profesional e agradeceulle todos estes anos de traballo. Os compañeiros e compañeiros de Goberno agasallárono cun caloroso aplauso. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
Logo concello de zas colorido

Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.