programa_nadal_15_16_decembro

O teatro e a música abren o programa de Nadal para o público adulto

A compañía Contraproducións trae mañá a Zas a súa obra de teatro “Fillos do Sol”; e o domingo Emilio Rúa e Rosa Cedrón ofrecerán un concerto nas Torres do Allo

 

O programa de Nadal organizado polo Concello de Zas arranca de cheo esta fin de semana con dúas propostas ben diferentes dirixidas principalmente ao público adulto. A primeira delas virá da man da compañía Contraproducións coa obra de teatro “Fillos do Sol” na que se misturan momentos de reflexión, de diversión e comicidade, de emoción, de reivindicación, de tenrura, de controversia,… Cándido Pazó é o director desta obra de teatro que xira ao redor da figura de Eduardo Pondal e da súa obsesión coa obra que ocupou unha boa parte da súa vida como escritor: Os Eoas. A representación terá lugar ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Zas e a entrada é de balde.

E xa o domingo, ás 18:00 horas, as Torres do Allo acollerán a segunda das propostas desta fin de semana co concerto “Cantos de Nadal” interpretado polo cantautor Emilio Rúa e a cantante Rosa Cedrón. “Cantos de Nadal” é un espectáculo musical con cancións de melodías sinxelas pero que teñen un carácter moi marcado en canto a composición. Algúns destes traballos que soarán no pazo máis antigo de Galicia son “Vida miña”, que figura entre unha das dez mellores cancións en galego de todos os tempos ademais doutras pezas populares de dominio público coa música e coa adaptación de Emilio Rúa. Ao igual que o resto das actividades de Nadal, a entrada é de balde e o aforo está limitado.

 

Estas dúas propostas ábrennos as portas dunha intensa semana na que o Concello de Zas leva o programa de Nadal aos tres centros educativos do municipio co fin de que todos os nenos e nenas do Concello gozen da maxia do Nadal con propostas adaptadas a cada ciclo escolar. A compañía Isla Letrista representará este luns, 17 de decembro, ás 10:00 horas no CPI de Zas a función teatral “Inmóbile”. E un pouco máis tarde, ás 12:30 horas, estará no Auditorio de Baio para o alumnado do CEIP Labarta Pose.

As actividades continúan o mércores e o xoves da man de Malasombra Teatro que traerá o seu espectáculo “Os Fabulosos Cleaners” ao Auditorio do Concello (o día 19 ás 11:30 horas) e ao Auditorio de Baio (o día 20 ás 12:30 horas). E xa o venres ás 10:45 horas será o turno do alumnado do IES Maximino Romero de Lema que terá oportunidade de ver un dos últimos filmes rodados na Costa da Morte: Sicixia.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.