folleto letras 2019

O programa “Maio, mes das letras” chega aos centros educativos do noso municipio

Os obradoiros creativos, a poesía e a música serán os pratos fortes de mañá

Mañá entramos de cheo na conmemoración das Letras Galegas e facémolo levando aos centros educativos do noso municipio o programa “Maio, mes das letras” artellado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura.

Obradoiros, música e poesía serán os pratos fortes de mañá, luns 13 de maio. As actividades arrancan ás 10:00 horas no CPI de Zas cun obradoiro creativo que leva por título “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas” do que se encargará Polo Correo do Vento. Un pouco máis tarde, ás 12:30 horas, esta mesma actividade trasladarase ao CEIP Labarta Pose de Baio.

O alumnado da ESO do CPI de Zas terá o oportunidade de escoitar mañá, ás 12:30 horas, un espectáculo de música e poesía que nos ofrecerán Silvia Penide e Carla López bautizado como “Achegamento ao universo das mulleres autoras”.

E xa pola tarde, ás 16:30 horas, será a quenda do alumnado do IES Maximino Romero de Baio. Alí estará o grupo musical Zënzar para facer un “Repaso da nosa música e o papel da muller nela”.

XI Concurso de Marcapáxinas

Como vén sendo habitual nos últimos anos, dentro do programa “Maio, mes das letras” inclúese o Concurso de Marcapáxinas que xa vai pola súa 11ª edición. Con este certame, as nosas bibliotecas municipais queren sumarse aos actos de homenaxe a Antón Fraguas, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2019.

Nel poderán participar as alumnas e alumnos dos centros escolares do Concello de Zas sendo o Día das Letras Galegas o tema obrigatorio. Cada participante poderá presentar un único traballo en papel, a toda cor, por unha cara e coas dimensións máximas de 21x5cm. Hai tres categorías: A (ata os 5 anos), B (de 1º a 5º de Primaria) e C (de 6º de Primaria a 4º da ESO). Valorarase a calidade dos deseños, a imaxinación e a orixinalidade e haberá dous premios por cada unha das categorías dotados cun lote de libros cada un. Ademais, os marcapáxinas premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste até o Día das Letras do ano 2020. Os traballos poden enviarse ata o luns, 20 de maio de 2019 e as bases completas do concurso poden consultarse na páxina web do Concello de Zas a través do seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/media/documentos/Bases_concurso_de_marcapaxinas_2019.pdf

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.