2Programa_actividades___concello_de_zas

O programa de actividades para o 2019/2020 ponse en marcha con 25 propostas para toda a veciñanza

O prazo para anotarse está aberto ata o próximo 9 de outubro e as actividades comezan a partir do día 15

Despois dun intenso verán cargado de actividades, o Concello de Zas pon en marcha – como vén sendo habitual por esta época do ano – un novo programa de ocio e lecer dirixido a toda a veciñanza e que se desenvolverá nos próximos meses. En total, son máis de 25 as propostas que compoñen esta programación nas que se inclúen actividades para todos os gustos e para todas as idades que van dende os diferentes tipos de deportes ata a música, as manualidades e o teatro.

No ámbito da actividade física haberá clases de ximnasia, ximnasia terapéutica, pilates, zumba, tiro con arco, escolas deportivas (para nenos e nenas de 4 a 12 anos), balonmán, judo, taekondo, xadrez, tenis de mesa e fútbol.

Como novidade, o programa deste ano traénos unha actividade cultural para os máis novos da casa na que se inclúen talleres de animación á lectura, educación ambiental e patrimonial, xogos, dinaminzación cultural,… e que se impartirá os mércores no pabillón de Baio e os venres no de Zas.

No programa inclúense tamén distintas actividades relacionadas coa música – tales como o curso de guitarra– e coa creatividade como bordado, calceta, macramé, tapicería, cesteiría e manualidades. Ao longo destes meses tamén realizaremosas escolas de memoria nas diferentes parroquias así como cursos de informática e de manexo do móbil. Dentro do programa de actividades para 2019/2020 tamén se inclúe unha nova edición da escola de teatro infantil e de adultos.

 

Inscricións

Os/as interesados/as en asistir a algunha ou varias destas actividades teñen ata o 9 de outubro para anotarse a través do número de teléfono 981 708 303 ou n propio Concello de Zas.

As listas de admitidos/as nas diferentes actividades expoñeranse no Centro Sociocultural de Baio e de Zas. Para participar é necesario cubrir debidamente as follas de inscrición antes do pago da mesma. As actividades comezan a partir do 15 de outubro e case todas teñen unha duración de seis meses.

Podes consultar o programa completo ao final desta nova.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.