cartel-San-Ramon-2025

O Mercado de San Ramón volve ás Torres do Allo cunha xornada de artesanía, música e tradición

Será o vindeiro 31 de agosto

O vindeiro domingo 31 de agosto, as Torres do Allo acollerán unha nova edición do Mercado de San Ramón, unha cita que encherá o histórico recinto de creatividade e cultura popular. O evento, organizado polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña, desenvolverase de 11:00 a 19:00 horas e reunirá artesáns, músicos e público de todas as idades nun ambiente único.

O Mercado de Artesanía ofrecerá aos visitantes a oportunidade de coñecer e adquirir pezas únicas de artesanía, así como de participar en actividades pensadas para toda a familia. Entre as propostas, destacan a demostración de fabricación de pandeiros e o obradoiro de modelado de barro. Este último terá lugar ás 12:00 horas (con inscrición previa no 981 718 056).

A música tamén terá un papel protagonista. Ás 14:30 horas actuará Unto Vello, e ás 18:00 horas será a quenda de Cé Orquestra Pantasma, que previamente, ás 17:00 horas, dirixirá un obradoiro sonoro.

Con este programa, o Mercado de San Ramón consolídase como unha das citas imprescindibles do verán na comarca, combinando artesanía, música en directo e actividades participativas nun entorno patrimonial de gran valor.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.