inauguracion_exposicion_permanente_legado_enrique_labarta_pose

O legado de Enrique Labarta Pose xa está exposto ao público no Centro Sociocultural de Baio

Onte inaugurouse unha exposición permanente na que se pode contemplar documentación orixinal do escritor

 

O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte a inauguración da exposición permanente do legado de Enrique Labarta Pose promovida polo Concello de Zas. Cómprense así as dúas condicións – que estivera en Baio e exposto ao público – que puxeron as irmáns Olga e Teresa Rojo despois de que no pasado mes de agosto cederan ao Concello de Zas a documentación orixinal de Labarta Pose herdada polo seu irmá “Pepe Valiña”.

Durante o acto inaugural, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, resaltou o gran valor histórico desta documentación entre a que se atopan libros do século XIX, revistas, primeiras edicións, recortes de xornais,… O filólogo Chema Rei Lema foi o encargado da catalogación e durante a presentación da mostra – que se pode ver de luns as venres en horario de tarde – debullou algúns dos detalles máis destacados do material. 

No acto de inauguración tamén interviu Jorge Mira, portavoz da Comisión Labarta Pose – quen asegurou que este era un chanzo máis para que na Real Academia Galega soase cada vez con máis forza o nome de Labarta e conseguir así o merecido Día das Letras Galegas para o escritor baiés.

Exposición itinerante

Nestes momentos a exposición itinerante sobre a vida e obra de Enrique Labarta Pose – inaugurada no pasado mes de xullo no paseo fluvial de Baio – está camiño do IES Maximino Romero de Lema de Baio despois do seu paso polo CEIP da vila. Pasados uns días, partirá cara o CIP de Zas e para outros centros educativos da comunidade para que os máis novos coñecezan e traballen as diferentes obras do escritor baiés.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 Xuño, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...
3 Xuño, 2026
Ante as informacións aparecidas nos últimos días e a nota difundida polo PSdeG-PSOE de Zas respecto ao permiso de investigación mi...
23 Maio, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...