centro_saude_zas

O Goberno Municipal de Zas esixe que o Sergas explique os motivos da cancelación das citas no servizo de pediatría

Na mañá de onte, 9 de maio, os nenos e nenas do noso municipio quedaron sen atender ao cancelárselle sen previo aviso a súa consulta

 

Sen previo aviso e sen ningún tipo de explicacións un bo número de nenos e nenas do noso municipio quedaron onte sen atender despois de que se cancelaran as súas citas programadas para o servizo de pediatría. Segundo as queixas recibidas esta mañá, a situación agrávase moito máis xa que tampouco é posible pedir cita dentro deste servizo para os próximos días 13 e 29 de maio. Estes feitos obrigan ás familias a recorrer ao servizo de urxencias para solucionar unha consulta propia da atención primaria colapsando así as urxencias e tendo que desprazarse a outros centros de saúde.

“Descoñecemos totalmente os motivos destas cancelacións”, indica o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. Ante esta situación, o Concello de Zas presentará mañá unha reclamación no Sergas – Servizo Galego de Saúde – para trasladarlle, por unha parte, o malestar da nosa veciñanza e, por outra, para solicitar que de unha vez por todas se garanta o servizo nos dous centros de saúde do noso municipio.

Despois dos recortes do ano pasado, o servizo de pediatría no concello de Zas reduciuse a 15 horas de atención semanal repartidas nos centros de saúde de Zas e de Baio. Unha atención que tanto para o goberno municipal como para os centos de familias afectadas resulta insuficiente.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.