entroido_na_casa_concello_zas

O Concello de Zas súmase ao Entroido en liña e organiza un concurso para participar dende a casa

Haberá premios para o mellor disfraz infantil, o mellor disfraz adulto, o mellor disfraz de convivintes, o mellor vídeo e un premio especial para o “Zaschoqueiro” que máis gústame consiga na páxina de Facebook do Concello de Zas 
 

 

Aínda que a situación sanitaria actual nos obrigue a celebralo sen saír da casa, o Concello de Zas non quere perder de celebrar unha das festas máis populares e vén de poñer en marcha un concurso de disfraces para participar dende a casa e no que se empregarán as redes sociais oficiais do Concello para darlle visibilidade. Participar é moi sinxelo.  

O concurso está aberto a toda a veciñanza e ten tres categorías diferentes: infantil (ata 12 anos), adultos (máis de 13 anos) e convivientes (dous ou máis membros da unidade familiar). As persoas participantes deberán enviar un máximo de 3 fotografías por disfraz ou ben un vídeo de 30 segundos como máximo de duración ao enderezo electrónico cultura.deportes@concellodezas.org ou por Whatsapp ao número de teléfono 663 776 504. Ademáis será necesario enviar o formulario de inscrición (que se pode descargar ao final desta nova) e no caso de que os participantes sexan menores de idade a solicitude deberá estar asinada por un adulto. O prazo de participación péchase o día 15 de febreiro ás 18:00 horas. 

Todas as fotografías e vídeos participantes publicaranse nas redes sociais oficiais do Concello de Zas a partir do martes 16 de febreiro. O xurado, formando por membros do Concello de Zas, e por representantes de diferentes asociacións do noso municipio, será o encargado de outorgar os seguintes premios:

  • Premio ao mellor disfraz infantil
  • Premio ao mellor disfraz adulto
  • Premio ao mellor disfraz de convivintes
  • Premio ao mellor vídeo

Haberá tamén un premio ao “Zaschoqueiro” que máis gústame reciba na páxina de Facebook do Concello de Zas. As votacións poderán facerse dende o día que se publiquen as imaxes ata o 19 de febreiro ás 18:00 horas. 

Os premios consisten nun lote de libros para cada unha das categorías xunto co libro “Zas polo miúdo”, editado recentemente polo Concello de Zas. O xurado terá en conta a orixinalidade e a singularidade dos disfraces así como os materais para a elaboración, a confección e a representación, interpretación, pose ou coreografías no caso dos vídeos. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.