seleccion_socorristas_zas

O Concello de Zas selecciona dous socorristas para as piscinas municipais de Zas e de Baio

As persoas interesadas poden consultar as bases no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas

 

O Concello de Zas vén de dar a coñecer as bases para a contratación laboral con carácter temporal de dous socorristas acuáticos para as piscinas municipais de Zas e de Baio. 

A modalidade do contrato será por obra ou servizo, a xornada completa e será durante os meses de xullo e agosto, con posibilidade de ampliarse o contrato ata o 15 de setembro en función da climatoloxía. As funcións das persoas contratadas serán as propias de seguridade, salvamentos acuático e ad e velar polo uso axeitado das piscinas. 

As persoas interesadas poderán consultar as bases desta oferta de emprego no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas a través da seguinte ligazón:  https://sede.concellodezas.org/opencms/es/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20210614100000135.html

Entre os requisitos para acceder a estes postos de traballo están: ter cumpridos os dezaseis anos de idade, poseer a capacidade funcional para o desempeño das tarefas, estar inscrito/a no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia, ou no seu defecto, ter presentada a solicitude no citado rexistro, acreditar o coñecemento da lingua galega conforme á normativa Vixente (CELGA 3), entre outros que se detallan nas bases. 

Os/as interesados/as en participar no proceso de selección teñen un prazo de catro días hábiles, dende mañá martes ata o venres, para presentar o modelo do Anexo I das bases ben no Rexistro do Concello ou a través do fax ou correo electrónico, tal e como se detalla na convocatoria. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.