piscina-municipal-baio

O Concello de Zas selecciona dous socorristas e catro operarios para as piscinas municipais de Zas e de Baio

As bases da contratación están dispoñibles no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas O prazo para a presentación de instancias remata este xoves, 15 de xuño

 

Dende hoxe e ata o próximo xoves, 15 de xuño, está aberto o prazo para presentar as instancias no proceso de contratación laboral de dous socorristas acuáticos e de catro operarios para as piscinas municipais de Zas e de Baio. 

En ambos casos trátase dun contrato con carácter temporal de dous meses de duración (xullo e agosto con posibilidade de ampliarse ata o 15 de setembro en función da climatoloxía). No caso dos socorrista é a xornada completa mentras que no dos operarios é a media xornada.

Dentro das funcións dos dous postos de socorrista acuático están as propias de seguridade, prevención e salvamento acuático así como velar polo uso axeitado das piscinas. Pola súa banda, os operarios deberán realizar o mantemento e o control químico da auga, manter limpa a piscina e as demais instalacións do recinto, rexistrar as anotacións e o control oportuno nos libros de rexistro e coidar que o comportamento dos bañistas se axuste ao disposto na normativa vixente. 

Os/as interesados/as en participar nestes dous procesos de selección de persoal poden consultar as bases no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/sxc/gl/informacion/tablon/. O prazo para a presentación de instancias comeza hoxe e remata o xoves, 15 de xuño. Tal e como se indica nas bases, o modelo do Anexo I pódese presentar no Rexistro do Concello ou a través do fax ou do correo electrónico. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 Xuño, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...
3 Xuño, 2026
Ante as informacións aparecidas nos últimos días e a nota difundida polo PSdeG-PSOE de Zas respecto ao permiso de investigación mi...
23 Maio, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...