Torres450

O Concello de Zas presenta unha ampla oferta de actividades para este verán nas Torres do Allo

Presentación de actividades de verán nas Torres do Allo

O monumento máis visitado do Concello de Zas, o primeiro pazo galego da historia, conta desde o mes de xullo cunha variada oferta de actividades destinada a todos os públicos. Desde o día 2 de xullo, e durante todos os domingos de xullo e agosto, o grupo de Teatro Os Quinquilláns ofrece unha visita teatralizada polas Torres a partir das 19.30 horas. Para os máis cativos prográmase por primeira vez, un xogo de pistas especial que terá lugar os días 15 e 29 de xullo e 12 e 26 de agosto ás 12:30 horas. Clásica nas Torres presentará unha serie de concertos de música de violín interpretados por Kamo Petrosian, os días 14 e 21 de xullo e os 19 e 25 de agosto ás 20:30 horas. Novo tamén é o I Concurso de fotografía co móbil Enfoques do Allo, que ofrece unha bolsa de premios de 100, 75 e 50 euros para as fotos máis fermosas e cuxas bases poden consultarse na páxina web oficial As Torres do Allo

O cine tomará as Torres o 19 de agosto coa proxeción da película galega A Esmorga ás 22:30 horas, namentres que e o concerto de Xoán Curiel e Iris Grey, Ao encontro de Martín Códax, o día 27 de agosto ás 20.30 horas pechará o ciclo de actividades de verán.

Sempre é unha boa época para visitar este ben cultural rodeado dunha contorna natural e etnográfica emblemática. O horario de apertura ata o 15 de setembro é de luns a venres de 11.00 a 20.00h. e sábados e domingos de 11.00 a 21.00h. As visitas guiadas son todos os días e para todos os públicos ás 13.00 e ás 17.00h. Tanto as visitas como a entrada son de balde.

O novo teléfono de contacto do pazo é 655 716 743.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.