roteiro_literario_enrique_labarta_pose

O Concello de Zas presenta o próximo 12 de marzo o roteiro literario de Enrique Labarta Pose

Discorre por varios municipios da Costa da Morte e incluiráse nos “Roteiros da Cultura Galega” do Consello da Cultura Galega
 

 

Co obxectivo de continuar difundindo e dando a coñecer a obra de Enrique Labarta Pose, o Concello de Zas vén de deseñar un roteiro literario que discorre pola Costa da Morte e que deixou reflexado o escritor baiés na súa obra. O percorrido transcorre por diferentes concellos da zona entre os que están o de Zas, Vimianzo, Camariñas, Cabana de Bergantiños, Corcubión, Carballo e Muxía. Igrexas, pedras máxicas, pontes antigas, diverso patrimonio etnográfico, pasos, faros e praias son algúns dos escenarios que conforman a ruta literaria de Enrique Labarta Pose. 

O roteiro presentarase nun acto que terá lugar o vindeiro 12 de marzo no Centro Sociocultural de Baio e no que intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; Jorge Mira, presidente da Comisión Enrique Labarta Pose; Ricardo García Mira, presidente do Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial “Xoán Vicente Viqueira” e membro da comisión; e Manuel Muíño Espasandín, alcalde do Concello de Zas. 

Este itinerario formará parte dos “Roteiros da Cultura Galega”, un dos proxectos máis destacados do Consello da Cultura Galega, que ten como finalidade a difusión tanto dos recursos culturais como naturais da nosa comunidade utilizando a vida e obra das nosas escritoras e escritoras. Actualmente hai un total de 30 roteiros e 16 guías entre as cales atopamos autores como Castelao, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro, Antonio Fraguas, Manuel Curros Enríquez, Ramón Otero Pedrayo, etc.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 Marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.