Bng_Congreso_deputados_sector_bancario1

O Concello de Zas presenta a través do BNG varias iniciativas no Congreso dos Deputados para que o Goberno do Estado regule o sector bancario

Esta é outra das iniciativas levadas a cabo dende o goberno municipal, liderado por Manuel Muíño, contra o fechamento das oficinas bancarias no rural
 

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e deputado do BNG – Bloque Nacionalista Galego – Néstor Rego; presentaron esta mañá varias iniciativas na cámara baixa para que o Goberno do Estado estabeleza unha nova regulación no sector bancario que poña fin ao proceso de concentración bancaria e ao fechamento de oficinas no rural. Esta é outra das iniciativas que se suma ás outras postas en marcha polo goberno municipal do Concello de Zas para evitar o peche da oficina da vila. 

Néstor Rego lembrou que nos últimos cinco anos pecharon “máis de 100 oficinas bancarias na Galiza, particularmente en concellos rurais”. Precisamente o pasado 8 de setembro pechaban as oficinas de Zas, de Baíñas (no Concello de Vimianzo) e A Baña afectando de forma directa a máis de 10.000 persoas. 

A través destas iniciativas presentadas esta mañá, o BNG reclama unha nova regulación do sistema bancario para pór fin ás políticas de concentración bancaria, ao incumprimento das normas de competencia no estabelecemento de horarios limitados, á redución de persoal, ás comisións abusivas e á restrición de servizos presenciais á cidadanía, elementos todos eles que xeran enormes problemas a moitas persoas. “Particularmente aquelas que viven en zonas rurais galegas máis envellecidas teñen moitas dificultades para se desprazaren a outras localidades ou para accederen aos servizos financeiros de forma telemática” subliña o deputado do BNG.

Con estas iniciativas, a formación nacionalista tamén procura garantir a liberdade de elección das usuarias na prestación de servizos, co estabelecemento dun mínimo legal de atención presencial. “Nin o Goberno galego pode ser alleo a esta situación, nin o Goberno español que ten as competencias na regulación do sistema bancario. O BNG seguirá traballando para que se manteña este servizo a toda a veciñanza de todos os concellos da Galiza” conclúe o deputado do BNG, Néstor Rego.

Sen resposta do Goberno galego

Pola súa banda, o alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño, que xunto cos rexedores de Vimianzo e A Baña trazaron unha serie de actuación conxuntas contra o fechamento das oficinas de Abanca neses concellos, denuncia a ausencia de resposta por parte do Goberno do PP, na Xunta de Galiza. “Para o Goberno galego parece que non é un problema, mais o que se está facendo é excluír duns servizos imprescindíbeis unha porcentaxe elevada de poboación” explica Muíño.

Así mesmo, salienta a necesidade de que as administracións interveñan “e obriguen as entidades bancarias, non só a non fechar as sucursais senón a aumentar os horarios estabelecidos para, por exemplo, sacar diñeiro do banco ou pagar facturas”. Manuel Muíño manifestou a intención de continuar e mesmo intensificar as mobilizacións até lograr frear este proceso de fechamento de oficinas bancarias nos concellos rurais.

Na opinión dos representantes do BNG, iso non se logra “dando cartos públicos ás mesmas entidades que deixan abandonada a veciñanza para instalaren caixeiros automáticos” como pretende Feixoo. “É un verdadeiro despropósito e unha vergoña”, enfatiza Néstor Rego.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Maio, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 Maio, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 Maio, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 Maio, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 Maio, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 Maio, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.