andainas_outono_concello_zas

O Concello de Zas pon en marcha un programa de andainas para este outono

Serán catro días de ruta por algúns dos espazos naturais máis fermosos do noso municipio
 

 

Cunhas medidas especiais para evitar a propagación do Covid-19, o Concello de Zas vén de poñer en marcha o programa Andainas de Outono. En total serán catro saídas que se realizarán durante o mes de outubro e nas que percorreremos algúns dos espazos naturais máis fermosos do noso municipio. 

Estas son as saídas:

  • A primeira andaina será o sábado, 3 de outubro, día no que realizaremos a ruta fluvial de Baio e a subida ao monte Castelo. Son un total de 14 quilómetros que discorren polo roteiro acondicionado recentemente polos membros da Asociación Veciñal Tabeirón de Baio. Ao longo do percorrido visitaremos lugares como a carballeira de Baio, a área recreativa de Pedra Vixía, o dolmen de Pedra Vixía, as Torres do Allo e dende alí subiremos ao monte O Castelo. A saída será ás 10:00 horas dende o paseo fluvial de Baio.
  • A ruta da auga será outro dos percorridos que realizaremos neste programa de andainas. Haberá dúas quendas; unha o 10 de outubro e outra o 18. Fervenzas, unha variada flora e fauna, muíños, un batán, pontellas, abellarizas, mámoas e mesmo un castro son algúns dos elementos que conforman este roteiro que discorre, nalgúns casos, por antigos camiños recuperados e, por outros, por sendas de ribeira. En total son 10 quilómetros de dificultade baixa. En calquera dos dous casos a saída é ás 10:00 horas dende a Praza do Concello
  • E xa para rematar, o sábado 24 de outubro realizaremos a ruta das carballeiras. Son uns 13 quilómetros de percorrido no que pasaremos polo castro de San Adrián de Castro, polo pazo de Romelle e polo pazo da Edreiras entre outros moitos máis espazos naturais do noso municipio. A saída é ás 10:00 horas dende a Praza do Concello. 

Inscricións

Para participar en calquera das rutas é necesario inscribirse previamente en calquera dos Centros Socioculturais do noso municipio ou a través dos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. 

O número de prazas por cada ruta son limitadas e todos/as os/as participantes deben de levar máscara. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.