Mostra_teatro_afeccionado_labarta_pose_concello_zas

O Concello de Zas pon en marcha a V Mostra de Teatro Afeccionado que tivo que ser suspendida pola pandemia

  • Ata o 28 de marzo está aberto o prazo para que todas aquelas compañías e/ou grupos de teatro afeccionado galegos presenten as súas obras
  • As representacións das cinco obras finalistas será os días 23 e 30 de abril, 7, 14 e 21 de maio

 

 

Xa hai novas datas para a V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, organizada polo Concello de Zas, despois de que tivera que ser suspendida en marzo do 2020 debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19. 

Dende hoxe e ata 28 de marzo está aberto o prazo para que todas aquelas compañías e/ou grupos de teatro afeccionado galegos presenten as súas obras. Nas bases do certame – publicadas no Tablón de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas (https://sede.concellodezas.org/opencms/es/informacion/tablon/2022/ANUNCIO_PROG_20220303100000231.html) – pode consultarse a documentación requerida así como descargar as fichas de inscrición. Cada compañía/grupo presentará tantas obras como o desexe, das cales só unha poderá ser finalista. Entre todas as obras de teatro que se presenten, un xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius seleccionará cinco obras finalistas. 

Os espectáculos que pasen a final representaranse os sábados 23 e 30 de abril, 7, 14 e 21 de maio ás 21:00 horas e o lugar de representación distribuirase entre o Auditorio Municipal de Zas e o Auditorio Municipal de Baio. A entrega de premios terá lugar o domingo 29 de maio ás 18:00 horas. 

Premios

Na V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” repartiranse un total de 3.500 euros en premios que se distribuirán así: 

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

Tanto a celebración da mostra como o número de público asistente ás representación está condicionada ás circunstancias concorrentes derivadas da crise sanitaria provocada pola COVID-19, así como o cumprimento das recomendacións sanitarias. 

Para máis información ou consutar dúbidas, as persoas interesada poden contactar coa organización a través do enderezo electrónico mostrateatrozas@gmail.com. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.