Observación_Astronómica_Arca_da_Piosa

O Concello de Zas organiza unha observación astronómica na Arca da Piosa con Jorge Mira

O Concello de Zas organiza o vindeiro luns 25 de agosto ás 22:00 horas a actividade “Mirada ao firmamento dende o pasado”, unha proposta pensada para toda a familia que contará co coñecido divulgador científico Jorge Mira como guía da observación astronómica.

O punto de encontro será na igrexa de Santa Sía de Roma (https://bit.ly/comochegararoma), desde onde se iniciará unha camiñada de aproximadamente 2 quilómetros ata o dolmen da Arca da Piosa, un dos monumentos megalíticos máis emblemáticos do municipio. O percorrido presenta unha dificultade baixa.

Durante a actividade, as persoas asistentes poderán contemplar o ceo nocturno e identificar as súas estrelas e constelacións máis destacadas, guiadas polas explicacións de Jorge Mira.

Recomendacións
Para unha mellor experiencia, recoméndase levar roupa de abrigo, lanterna e unha manta para poder deitarse comodamente durante a observación.

Inscricións
A participación é gratuíta, pero require inscrición previa a través do formulario dispoñible en https://bit.ly/Observacion25 ou chamando ao teléfono 981 718 056.

Con esta proposta, o Concello de Zas continúa apostando pola divulgación científica e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico, ofrecendo actividades que combinan natureza, ciencia e cultura nunha contorna única.

Cómpre lembrar que o xeodestino Costa da Morte recibiu no ano 2023 a certificación como Destino Turístico Starlight, e que o dolmen da Arca da Piosa forma parte dos miradoiros incluídos nesta distinción.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.