parque_infanti_baio

O Concello de Zas mantén pechados os seus parques infantís ata que se podan garantir as medidas sanitarias de forma segura

O Alcalde, Manuel Muíño, sinala que a normativa establecida pola Xunta de Galicia é moi difícil de cumplir para os concellos ademais de implicar un sobrecusto económico e un aumento de persoal inasumible A Xunta de Galicia autorizou o pasado sábado a apertura destes espazos cunha serie de directrices entre as que están controlar o aforo, delimitalo a un usuario cada 4m2 ou realizar una hixienización e desinfección constante

O Concello de Zas manterá pechados os seus parques infantís ata que se podan garantir as medidas sanitarias e non poñer en perigo a seguridade dos nenos e nenas e das súas familias fronte ao Coronavirus Covid-19. 

O pasado sábado, a Xunta de Galicia autorizaba a apertura dos parques infantís municipais establecendo unha serie de directrices que, segundo indica o Alcalde de Zas – Manuel Muíño Espasandín – “son inasumibles para as administracións locais”. Manter unha limpeza e unha hixienización constante, controlar o aforo e delimitalo a un usuario cada catro metros cadrados, facilitar xel hidroalcohólico,… son algunhas das medidas establecidas pola Xunta de Galicia. “Cumprir estas medidas sanitarias é materialmente imposible e suporían un importante sobrecusto para as arcas municipais, polo que o máis responsable é mantelos pechados”, manifesta o rexedor de Zas. 

Ademais do custe económico e do aumento de persoal, estas medidas supoñen – en palabras do Alcalde de Zas – un problema de organización xa que non se pode levar a cabo dun día para outro. “Para cumprir coa normativa imposta implicaría ter unha persoa en exclusiva para cada parque do concello durante todo o día”, sinala Muíño. Ademais, o rexedor de Zas critica que se lles cargue á administración local con esa responsabilidade mentras que a Xunta de Galicia segue sen abrir colexios, garderías ou centros de día que son de titularidade autonómica.

Desta forma, o Concello de Zas súmase a outras vilas e cidades galegas que manteñen pechados os seus parques e instalacións deportivas ao carecer dos medios persoais e materiais para garantir a seguridade sanitaria de todos os nosos nenos e nenas así como das súas familias.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 Setembro, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.