oficina_abanca_zas_setembro_2021

O Concello de Zas leva ao Congreso dos Deputados o peche das sucursais bancarias no rural

O Alcalde, Manuel Muíño; e o Deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego; presentan mañá unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno Central a regular o sector bancario

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín; e o Deputado do BNG – Bloque Nacionalista Galego -, Nestor Rego; presentan mañá ás 12:00 horas no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno Central a regular o sector bancario e evitar así o peche de máis oficinas, como o que realizou recentemente Abanca nos Concellos de Zas, Vimianzo e A Baña afectando de forma directa a unhas 10.000 persoas.

Dende o BNG consideran que o peche das oficinas bancarias é un grave problema que está a sufrir todo o país e que se acentúa especialmente no rural. O pasado 8 de setembro, Abanca pechou varias sucursais na nosa comunidade e entre elas as de Zas, Baíñas e A Baña. No momento en que coñeceron a decisión, os rexedores destes tres municipios trazaron unha serie de accións conxuntas para evitar estes peches entre as que están a solicitude dunha reunión co presidente da Xunta de Galicia, unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias – FEGAMP -, unha
concentración diante destas oficinas bancarias e unha manifestación na Coruña á que asistiron máis de 500 persoas.

“Seguimos na idea de que imos esgotar todas as posibilidades para lograr que a entidade reconsidere esta decisión polo que as accións non remataron o día 8 co peche das sucursais”, sinala o alcalde de Zas.

Oficina abanca zas setembro
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
13 Febreiro, 2026
O Concello de Zas quere aclarar a situación actual respecto ás actuacións necesarias no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas, e lamen...
11 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte, martes 10 de febreiro, a presentación da 8ª edición do Programa de Democratización do...
11 Febreiro, 2026
O Concello de Zas convoca á veciñanza a unha reunión informativa que se celebrará este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas no C...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.