programa-mellor-acompanados-zas

O Concello de Zas e a Fundación Amigos de Galicia achegan as tecnoloxías ás persoas maiores

“Mellor acompañados” é o nome deste programa no que se contemplan distintas actividades formativas

 

O Concello de Zas, a través do seu departamento de Servizos Sociais, xunto coa Fundación Amigos de Galicia, poñen en marcha o programa “Mellor acompañados” que ten como obxectivo fomentar a autonomía e a independencia das nosas persoas maiores.

No programa inclúense catro accións formativas de 2,5 horas de duración cada unha delas,  totalmente gratuítas e dirixidas aos maiores de 65 anos. Estes son os cursos que se ofertarán nos vindeiros meses:

  • Máquina de quendas nos hospitais, centros de saúde, concellos,…
  • App móbil do Sergas
  • Caixeiro automático (como realizar transferencias, pago de recibos, retirar diñeiro,…)
  • Teléfono móbil (agregar contactos na axenda, realizar videochamadas, usar o GPS, descargar aplicacións, concectarse a unha rede Wifi,…)

Para levar a cabo estas formacións é necesario contar cun mínimo de 15 persoas polo que aqueles veciños e veciñas que estean interesados/as en participar poden poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.