En Baio xa está todo preparado para que comece a 1ª Feira de Artesanía de Nadal organizada polo Concello de Zas xunto co grupo BaiOn formado por empresarios do comercio, hostaleiría e servizos.

Será os días 14 e 15 de decembro na Praza Jorge Mira Pérez

Un dos pratos fortes serán os case 30 postos de artesanía que se instalarán durante toda a fin de semana na carpa climatizada situada na Praza Jorge Mira Pérez. Son artesáns locais e da comarca e entre eles que nos ofrecerán diferentes pezas de madeira, cerámica, textís, xoiería,… realizadas a man. 

A 1ª Feira de Artesanía de Nadal arrancará mañá as 11:00 horas cuns pinchos de inauguración. E iso é todo o que temos preparado para a xornada de mañá:

Demostración de tornería en vivo, con José M. Prado Nimo: durante todo o día
18:00 horas: Taller de costura infantil, con Ana Trasariz
19:30 horas: Monólogo “Tres vellas na romaría” con Quico Cadaval, Celso Sanmartín e Guti

As actividades continúan o domingo, día no que tamén se celebra a tradicional feira de Baio. E xunto con ela haberá as seguintes propostas:

13:30 horas: Sesión vermú con “O Tren da Unha”
17:30 horas: Música infantil con “Paco Nogueiras”

Durante os dous días, haberá unha pulpeira na Praza Jorge Mira e unha cantina atendida polo alumnado de 4º da ESO do IES de Baio co fin de recadar fondos para a excursión de fin de curso.

Campaña comercial

Ao mesmo tempo, mañá tamén comeza a campaña comercial na que os diferentes establecementos queren premiar a clientela deste Nadal cun sorteo de 1.000€ en bonos de compra que se realizará entre todas as compras que se fagan ata o 5 de xaneiro. Os case 70 locais participantes teñen nas súas portas ou nos escaparates unhas enormes piruletas.

As compras realizadas durante esta fin de semana terán dobre premio xa que ademáis de participar no sorteo de Nadal dos 1.000€ recibirán un vale para canxear por chocolate no posto instalado na carpa e baixo a cortesía de Feirauto.

Esta fin de semana agardámosvos en Baio!

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.