casa_consistorial_anos_30

O Concello de Zas completa a historia do municipio con dúas novas entregas do programa “Zas polo miúdo”

As novas entregas afondan no estudo e coñecemento de aspectos xerais da historia do municipio obtidos das actas municipais que se conservan dende o ano 1852 ata a actualidade

 

Despois de repasar polo miúdo todas e cada unha das 16 parroquias grazas ao traballo de documentación elaborado por Evaristo Domínguez Rial e Xosé María Lema, o Concello de Zas vén de poñer en marcha unha nova fase do programa “Zas polo miúdo” coa que se pretende completar a historia do municipio. A nova documentación, que se repartirá en dúas novas entregas, afonda no estudo e coñecemento dos aspectos xerais do Concello de Zas tendo como base as actas das sesións plenarias que se conservan dende o ano 1852 ata a actualidade.

A primeira das entregas xa se pode consultar no espazo “Zas polo Miúdo” da páxina web municipal na que se abarca o período que vai desde o ano 1852 ata o 1900. Nela inclúense os nomes dos alcaldes en cada momento, as vicisitudes políticas locais, novas curiosas,…  e outra información de utilidade para coñecer a historia do Concello de Zas.

A seguinte entrega, que será nos próximos meses, continuará con esa historia oficial do concello ó longo do século XX e o que vai do XXI e, de seguido, outros temas como datos xerais do concello (límites, superficie,…); aspectos físicos (relevo, hidrografía, xeoloxía, climatoloxía); aspectos naturais (vexetación e fauna); análise demográfica; aspectos económicos (feiras, agricultura, gandeiría,…); análise das comunicacións ou datos históricos das distintas épocas con especial incidencia no megalitismo, no mundo romano e nos pazos.

“Zas polo miúdo” é unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura que encabeza Manuel García Velo. Con este extenso e completo traballo de documentación divúlgase así a historia do Concello e que a veciñanza pode consultar facilmente en calquera momento do día accedendo a ela a través da páxina web municipal.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.