A_conectar_entre_nos_e_coa_praia

O Concello de Zas celebra o día dos oceanos promovendo o surf entre a rapazada

Xunto con outros municipios da zona participamos no proxecto deportivo-educativo “Aprende a través do Surfing”

Por quinta tempada consecutiva os escolares da Provincia da Coruña participan no proxecto deportivo-educativo “Aprende a través do Surfing”, desenvolto pola asociación medioambiental sen ánimo de lucro Surf and Clean en parcería coa Federación Galega de Surf e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia (Xogade), Ecovidrio, MSC Pesca Sostible e tamén dos concellos onde se realizan as actividades.

Dende o Concello de Zas, xunto con outros municipios da pronvincia, apostamos por preservar o mar dende a educación dos nosos estudiantes. Estes son os concellos que formamos parte deste proxecto: A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, Vimianzo, Zas, Camariñas, Muxía, Fisterra e Valdoviño sumando entre todos máis dous milleiros de escolares da nosa provincia.

Escolares dende infantil a bacheralato, que ó participar neste proxecto aprenden a relacionarse mellor con elas e eles mesmos, coa demáis rapazada e o máis importante: coa súa contorna. Precisamente un dos obxectivos clave do programa é fortalecer o noso vínculo co mar, como persoas que habitamos na comunidade autónoma con máis kilometros de costa e que custodiamos un paraíso natural de ondas e praias salvaxes aínda preservadas.

Nelas o alumnado pecha os ollos e escoita, ule e sinte a mar. Nelas é máis sinxelo decatarse que a praia é un lugar antigo, dinámico e que partillamos con outros seres vivos, como os arroaces, as píllaras ou os bosques de laminarias. Un entorno a preservar.

Por iso dende abril máis de 2.300 escolares procedentes de 42 centros educativos pertencentes a 20 municipios da nosa provincia, apañan refugallo das nosas praias e aprenden a conectar e coidar o mar a través do surfing. Elas e eles son o noso futuro e xuntos, hoxe, celebramos ter unhas costas e un océano aínda cheos de vida.

Que é “Aprende a través do surfing en Galicia”?

“Aprende a través do surfing é unha comunidade conformada por unha asociación sin ánimo de lucro nomeada Surf and Clean a Federación Galega de surf, 11 escolas de surf habilitadas para impartir o proxecto: Caión Surf House, Boaola Surf Escola, Art Surfcamp, Paua Surf, One Surf Academy, Ubuntulife, Surf Costa da Morte, Narea Surf Escola, Asolas no puntal, Zorlak surf escola e Valdo surf school, 42 centros educativos e 10 concellos da provincia da Coruña: A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, Vimianzo, Zas, Camariñas, Muxía, Fisterra e Valdoviño.

“Aprende a través do surfing” a nivel nacional desenvolvese tamén en: Andalucía, Illa de Menorca, Asturias e Castellón. Surf and Clean é unha asociación nacional, con sede en Galicia, que busca visibilizar o problema que xera o lixo na mar e formar axentes de cambio que a través da cultura do surf axuden a mellorar e preservar a súa saúde.

Máis información en  www.aprendeatravesdelsurfing.com ou nas súas redes sociais @aprendesurfing (instagram), @aprendeatravesdelsurfing (facebook).

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.