veran_cultural_setembro

O Concello de Zas amplía o programa “Verán Cultural” ao mes de setembro

A programación continúa este sábado co concerto de Caamaño e Ameixeiras na Ponte de Brandomil
 

 

O Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, amplía ao mes de setembro o programa Verán Cultural 2020 con espectáculos para todos os públicos. Como sempre, todos os actos son de balde e para asistir é necesario reservar a entrada previamente.

A programación continúa este sábado, 5 de setembo, na Ponte de Brandomil onde o dúo Caamaño-Ameixeiras ofrecerá un concerto previsto para o 15 de agosto e que tivo que adiarse a causa do mal tempo. A cita comeza ás 20:30 horas.

A seguinte cita será o 13 de setembro, día no que a Praza do Concello será o escenario para a estrea do filme “María Solinha” – dirixida por Ignacio Vilar -. A película reconstrúe a historia da viúva María Soliña á que acusaron de bruxería. Entre o elenco están Santi Prego, Antonio Durán, Mabel Rivera ademais das actrices protagonista Grial Montes e Laura Míguez. A proxección comeza ás 21:30 horas. 

“Dorothé na vila” é o nome do documental que se proxectará o 19 de setembro, ás 21:30 horas, nas Torres do Allo. Neste traballo Alejandro Gándara e Olaia Tubío recollen as historia de vida que hai detrás do cancioneiro popular galego que recolleron Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. 

A programación do Verán Cultural 2020 remata o sábado 26 de setembro coa Ruta da Auga. A saída será ás 10:00 horas dende a Praza do Concello de Zas e dende alí achegarémonos a algúns dos espazos naturais máis destacados do noso municipio.

 

Entradas

En todos os espectáculos é obrigatorio o uso de máscara e as entradas son de balde con reserva ata completar aforo. As reservas pódense facer de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas a través dos números de teléfono 981 751 398 / 981 718 056. Todas as actividades están organizadas polo Concello de Zas en colaboración coa Deputación da Coruña. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.