bolsas-estudo-zas-2023-2024

O Concello de Zas abre o prazo de solicitude das becas de estudos para o curso 2023-2024

Esta é unha iniciativa impulsada dende hai máis de dez anos polo equipo de goberno municipal e para a cal se destinan un total de 29.100€

 

Dende hoxe e ata o vindeiro 22 de novembro, as familias empadroadas no noso municipio poderán solicitar as axudas incluídas nas Bolsa de Estudos 2023-2024 que concede o Concello de Zas.

Para tal fin, destinaranse 29.100€ dos fondos municipais que se repartirán en 180 bolsas, cuxo importe vai dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen e dunha serie de baremos; tales como a situación económica familias, o número de membros que integren a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a.

Esta é unha iniciativa impulsada polo equipo de goberno do BNG de Zas e que se realiza dende hai máis de dez anos coa finalidade de colaborar coas familias que máis o necesiten para afrontar os gastos derivados do curso escolar e, desta forma, facer efectivo o principio de igualdade no dereito a educación.

As bases da convocatoria poden consultarse na Sede Electrónica do Concello de Zas, a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/sxc/es/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20231108093027764.html. Entre os requisitos para acceder a estas axudas figuran que a unidade familiar debe de estar empadroada no Concello de Zas e que as persoas beneficiarias deberán estar matriculadas no presente curso escolar nas seguintes etapas e niveis educativos:

  • Ensinanza Primaria
  • ESO, FP Básica, Bacharelato e ciclos formativos (medios e superiores)
  • Universidade (agás Masters e Estudos de Posgrao)

Presentación das solicitudes

As solicitudes poderán presentarse dende hoxe ata o 22 de novembro (ambos incluídos) e tramitaranse preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello de Zas ou no Rexistro Xeral do Concello de Zas.  

Na seguinte ligazón poden consultarse as bases completas da convocatoria: https://sede.concellodezas.org/sxc/es/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20231108093027764.html

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 Maio, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 Maio, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 Maio, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 Maio, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 Maio, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 Maio, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.