Concello de Zas
O Concello de Zas é a institución que representa a toda a veciñanza e que traballa día a día para mellorar a vida no municipio. Desde a Casa do Concello coordínanse os principais servizos públicos, impúlsanse proxectos de desenvolvemento local e promóvese a participación cidadá.
Este espazo web recolle información básica sobre a organización municipal e serve como canle de comunicación transparente e próxima entre a administración e a veciñanza.
Neste apartado dedicado á institución do Concello de Zas poderás acceder a contidos sobre a historia do municipio, a composición da corporación, os distintos departamentos, así como ás actas dos plenos e á sede electrónica para realizar xestións en liña. Tamén se inclúe a relación das parroquias que compoñen o concello, un elemento esencial para comprender a súa estrutura territorial e a identidade local.

Saúda do Alcade
Dámosvos a benvida á web oficial do Concello de Zas, un espazo pensado para achegar a administración á veciñanza e a todas as persoas que nos visitan. Agardamos que sexa de utilidade e vos axude a coñecer mellor o noso municipio.
O rural galego vivo
O Concello de Zas está cheo de vida e ofrece unha visión diferente do típico estereotipo do rural galego
Historia do Concello de Zas
Un percorrido pola memoria e a identidade que marcaron o desenvolvemento de Zas.
As nosas parroquias
Un territorio rural cheo de natureza, sendeiros e patrimonio por descubrir.
Organigrama
Coñece a composición da corporación municipal e a súa organización interna.
Departamentos
As diferentes áreas de xestión que atenden as necesidades do municipio.
Actas dos plenos
Consulta pública das sesións plenarias para garantir transparencia e participación.
Sede Electrónica
A canle dixital para realizar trámites e xestións municipais de forma sinxela e segura.
As parroquias do Concello de Zas
O Concello de Zas está composto por 16 parroquias que conservan a esencia da vida rural galega. Cada unha delas achega tradicións, patrimonio e paisaxe, formando un mosaico diverso que dá identidade e riqueza cultural ao municipio.
Agradecemento especial a Xosé María Lema e Evaristo Dominguez, autores do libro “Zas Polo Miúdo” do cal se extraxeron os textos para realizar os textos de cada unha das parroquias do Concello de Zas.
Descubre o noso patrimonio
O Concello de Zas é un terrotorio inmensamente rico en patrimonio histórico e cultural. Descúbreo no noso mapa interactivo.