acto-imposicion-nome-centro-saude-baio-concello-zas

O Centro de Saúde de Baio pasará a chamarse Doutor Manuel Pérez Maroño por acordo unánime dos tres grupos da Corporación

O vindeiro 1 de maio, ás 18:00 horas, terá lugar o acto, organizado polo Concello de Zas, no que se dará nome ao Centro de Saúde de Baio que a partir dese momento levará o nome de “Centro de Saúde Doutor Manuel Pérez Maroño”.

Así o acordaron por unanimidade os tres grupos con representación no Concello, BNG, PP e PSOE, durante o Pleno Ordinario celebrado o pasado 28 de marzo para que o Centro de Saúde de Baio leve o nome de Doutor Manuel Pérez Maroño “por ser un exemplo de humanidade, compromiso e entrega a súa profesión máis aló da súa obriga profesional”.

Durante o acto, que está aberto a toda a veciñanza, intervirán o alcalde de Zas, Manuel Muíño; Braulio Pérez Astray, fillo do doutor ademáis de médicos da zona e catedráticos da saúde vinculados ao doutor Pérez Maroño. Entre eles están Juan J. Gestal Otero, catedrático da USC; Luciano Vidán, Presidente do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña; Manuel Barral, médico de familia que exerceu durante moitos anos en Cabana de Bergantiños; Santiago López Blanco, mestre no Colexio Labarta Pose a mediados dos anos setenta; e Alfonso Villar López, presidente da Asociación de Veciños Tabeirón na época da apertura do Centro de Saúde baiés.

O remate do acto terá lugar o descubrimento da placa co nome do centro.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.