centro-saude-baio

O Centro de Saúde de Baio levará o nome do doutor Manuel Pérez Maroño

Os tres grupos políticos que forman a Corporación Municipal de Zas aprobou durante o Pleno Ordinario celebrado esta mañá unha moción conxunta para que o Centro de Saúde de Baio leve o nome do doutor Manuel Pérez Maroño por ser “un exemplo de humanidade, compromiso e entrega a súa profesión máis aló da súa obriga profesional”.

Esta é a moción conxunta dos grupos municipais do BNG, PP e PSOE para dar nome ó Centro de Saúde de Baio:

MOCIÓN CONXUNTA GRUPOS MUNICIPAIS BNG, PP. PSOE PARA DAR NOME O CENTRO DE SAUDE DE BAIO

O doutor Manuel Pérez Maroño naceu no ano 1930 no lugar de Figueira, pertencente a parroquia de Arcos, no concello de Mazaricos.

Cursou os seus estudos na Facultade de Medicina de Santiago entre os anos 1950 e 1956. Unha vez rematados estes, en novembro de 1957 volve a Mazaricos onde vai prestar servicio médico en diferentes lugares ata que no ano 1958 convertese no médico titular de Dumbría. Posto no que estivo 17 anos.

Foi un médico de atención primaria domiciliaria e de empresa prestando atención médica a pacientes de diferentes concellos da Costa da Morte: Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra, Camariñas, Muxía, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas. Así mesmo, dende o ano 1960 mantivo un consultorio aberto na súa casa familiar en Baio. Nesta localidade é onde residiu a maior parte da súa vida. 

O doutor Maroño exerceu de médico rural durante máis de corenta anos na Costa da Morte. Dedicou a súa vida a atención sanitaria en condicións moi difíciles e con medios limitados veces. A súa entrega e vocación levárono a prestar asistencia médica máis alá das súas responsabilidades. Estaba disposto a trasladarse de xeito urxente a vilas afastadas para conseguir os fármacos que necesitaban os seus pacientes, que, en moitos casos eran vitais para o enfermo.

Don Manolo, nome polo que se coñecía en Baio e arredores, era un gran defensor dos pacientes así como un pioneiro na loita contra as enfermidades laborais. No ano 1958, traballando en Mazaricos e Dumbría atopouse con casos de pacientes con doenzas sen identificar. Nese mesmo ano comezou a identificar estas doenzas como casos de silicose provocadas polo traballo no túnel do Castrelo, sendo un dos primeiros en facelo. A pesar das presións que sufría, o doutor Maroño non dubidou en diagnosticar e denunciar este problema. Axudou tamén aos enfermos e as familias dos falecidos para que puideran cobrar a indemnización e pensión xusta.

A labor do doutor Maroño vai máis alá da labor asistencial, xa que foi uns dos promotores da formación continua de médicos rurais e participou na creación da Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN). Así mesmo, impulsou a Xunta Comarcal de Médicos de Corcubión. Toda esta labor fixo que o concello de Zas, e en concreto o pobo de Baio, fose o centro de toda esta intensa actividade formativa.

A súa contribución non se limita só o ámbito da medicina, senón tamén ao social, cultural e ao deportivo no pobo de Baio. 

O doutor Manuel Pérez Maroño é un exemplo de humanidade, compromiso e entrega a súa profesión máis aló da súa obriga profesional.

Méritos profesionais

          LICENCIADO EN MEDICINA E CIRURXÍA POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (1950-1956)

          MÉDICO DE A.P.D. DOS CONCELLOS DE DUMBRÍA E VIMIANZO (1957-1995)

          PRESIDENTE DA XUNTA COMARCAL DE MÉDICOS DE CORCUBIÓN (1963-1995)

          MEMBRO FUNDADOR E VOCAL DA XUNTA DIRECTIVA NACIONAL DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE MEDICINA RURAL Y GENERALISTA, E PRESIDENTE DA AGRUPACIÓN DA PROVINCIA DA CORUÑA (1973-1995)

          VOCAL DE MEDICINA RURAL DA XUNTA DIRECTIVA DO COLEXIO OFICIAL DE MÉDICOS DA PROVINCIA DA CORUÑA

          PROMOTOR E PRESIDENTE DA XUNTA DIRECTIVA DOS CURSOS DE FORMACIÓN MÉDICA CONTINUADA NA COSTA DA MORTE

          PRESIDENTE DA XUNTA DE PERSOAL DE MÉDICOS FUNCIONARIOS DAS COMARCAS DE SONEIRA E FISTERRA  

O portavoces dos grupos:

JOSÉ MANUEL BRENLLA CASTIÑEIRA

DAVID GOMÉZ BRANDARÍZ 

SHEILA RIAL MATA

Centro saude baio
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Febreiro, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 Febreiro, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 Febreiro, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
13 Febreiro, 2026
O Concello de Zas quere aclarar a situación actual respecto ás actuacións necesarias no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas, e lamen...
11 Febreiro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte, martes 10 de febreiro, a presentación da 8ª edición do Programa de Democratización do...
11 Febreiro, 2026
O Concello de Zas convoca á veciñanza a unha reunión informativa que se celebrará este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas no C...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.