consumo_responde_baio_2021

O Auditorio de Baio acolle o día 10 unha sesión informativa sobre os distintos servizos financeiros

Baixo o lema “Consumo Responde”, persoal do Instituto Galego de Consumo impartirán esta charla que está dirixida a toda a veciñanza
 

O Auditorio de Baio acolle o vindeiro 10 de decembro ás 20:30 horas unha sesión informativa impartida por persoal do Instituo Galego de Consumo e na que baixo o título “Consumo Responde” abordaranse diferentes temas relacionados cos servizos financeiros.

Información e asesoramento en materia bancaria e financeira; tipos de contas bancarias, contas básicas; comisións; créditos ao consumo e tarxetas revolving; hipotecas e avais; xestións básicas na banca electrónica ou caixeiro e peche de sucursais serán algúns dos temas que se traten nesta sesión que está dirixida a toda a veciñanza.

As persoas interesadas en asistir deben anotarse previamente a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas (981 70 83 03).

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.