Trofeos_IV_Mostra_Teatro_Afeccionado_2

O Auditorio de Baio acolle a clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil e a entrega de premios da IV Mostra de Teatro Afeccionado

A cita é mañá domingo, ás 18:00 horas

Mañá temos unha dobre cita co teatro afeccionado no Auditorio de Baio e vide preparados porque as risas están garantidas. Diso encargaranse os nenos e nenas que forman parte de XII Escola Municipal de Teatro Infantil, que pechará o curso 2018-2019 coa tradicional clausura.

Dirixidos por Marco Álvarez e Pablo Soto, os máis novos interpretarán cinco obras de teatro que levan por título “A moa”, “As catro comadres”, “Preparadas para saír”, “Como está o mundo” e “Os tres fillos do rei Leandro”.

Premios IV Mostra de Teatro

E a continuación, coñeceremos os gañadores da IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura. Ao longo dos meses de marzo e abril, cinco compañías de teatro afeccionado interpretaron as obras que resultaron finalistas na presente edición.

A cuantía dos premios – que ascende a 3.500 euros – e a súa distribución. Así haberá cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e outro premio de 200€ para a mellor obra valorada polo público. Ademais do premio en metálico, os gañadores recibirán un diploma acreditativo e un trofeo conmemorativo realizado polos usuarios e usuarias de Aspaber (Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños).

A IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose estivo marcada tanto polo número de entidades participantes como pola asistencia de público para ver cada unha das obras finalistas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.