reunion-RAG

O Alcalde de Zas presentoulle o Presidente da RAG o programa de actos do centenario da morte de Enrique Labarta Pose

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño;  acompañado da Técnica de Cultura, Tania Carreira, reuniuse esta mañá co Presidente da Real Academia Galega – RAG -, Víctor F. Freixanes. Durante o encontro presentáronlle o programa de actos que o Concello de Zas, en colaboración con outras entidades do municipio, ten preparados para conmemorar o centenario da morte de Enrique Labarta Pose que se celebra neste 2025. Un dos actos centrais do programa realizarase o vindeiro 13 de maio, coincidindo co día da súa morte despois do accidente en tren que sufriu en Barcelona.

Na reunión repasaron tamén as últimas actividades impulsadas polo Concello de Zas co fin de continuar coa divulgación e posta en valor da figura e da obra de Enrique Labarta Pose. Precisamente aproveitaron a ocasión para facerlle entrega do calendario para o 2025 editado polo Concello e que está adicado ao escritor e tamén do primeiro libro infantil sobre Labarta, “O Poeta da Terra”.

Manuel Muíño reiterou a importancia que ten para o Concello de Zas e para toda a Costa da Morte que Enrique Labarta Pose teña o seu propio Día das Letras Galegas; unha decisión que parte da Real Academia Galega e que se decide nos próximos meses. 

Cantareiras

Por outra banda, na reunión falouse de organizar un acto na honra das “Cantareiras”, a quen se lle adicará o vindeiro Día das Letras Galegas. O concello recollendo esta idea vai a organizar un evento relacionado cas mesmas posto que ademáis é unha tradición moi presente na historia do noso municipio.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 Abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 Abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 Abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 Abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 Marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 Marzo, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.