NOVA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Logo do éxito do curso anterior, a Biblioteca Municipal de Zas pon en marcha unha nova Campaña de Animación á Lectura.

As sesións comezarán o martes 3 de febreiro ás 6 da tarde, e sucederánse cada quince días ata finais de maio.
A Compañía do Trinke-Trinke e os seus “Ratos de Loxedetodo” serán os encargados de levar a cabo as sesións de contacontos, que teñen como obxectivo principal achegar ós máis cativos (e tamén ós pais) á biblioteca, e animalos a descubrir o marabilloso mundo dos libros e a lectura.

A Biblioteca Municipal de Zas, ten solicitado tamén a súa participación nos programas Letras Vivas Creación e Letras Vivas Animación, da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural; se ésta solicitude é aceptada,ademáis de Trinke-Trinke, pasarán tamén pola Biblioteca de Zas: Marisa Irimia e a compañía San & San con obradoiros de ilustración, xogos e máis contacontos.
OPERACIÓN MONARCA

Por outra banda, o Centro Socio-cultural de Zas acollerá dende o 4 de febreio ó 3 de marzo a exposición itinerante do CEIDA titulada OPERACIÓN MONARCA: Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña.

A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca.

Este proxecto ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.

A exposición conta con cinco paneis explicativos sobre como identificar a especie, a súa bioloxía, as súas migracións,…Pódese visitar de Luns a Venres de 10 a 14h.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.