romaria-san-ramon-allo-2023

Música, contos, obradoiros, artesanía, merendas e moito máis na romaría de San Ramón do Allo

Un ano máis o Concello de Zas organiza esta festa tradicional que se celebra o 31 de agosto na contorna do pazo das Torres do Allo

A romaría de San Ramón do Allo é unha das festas máis tradicionais do noso municipio e co fin de recuperar esta celebración, o Concello de Zas deseñou un programa de actividades que se desenvolverá o propio día da festa, o vindeiro 31 de agosto, nas inmediacións do pazo das Torres do Allo.

Ao igual que nos últimos anos, entre as 11:00 e as 18:00 horas haberá un mercado de artesanía no que participarán uns vinte artesáns da zona que nos ofrecerán artigos de todo tipo (encaixe, liño, xoias, instrumentos musicais, complementos de bisutería, cesteiría, madeira,…). 

Para os máis novos realizaremos a partir das 12:00 horas un obradoiro de barro no que é necesario inscribirse en calquera destes números de teléfono: 981 75 13 98 ou 981 71 80 56. Na romaría de San Ramón tampouco faltará a música que nos chegará ao redor das 14:00 horas da man do grupo AILÁ e que lle dará paso ás merendas de campo. Habilitarase un Espazo para as merendas ao que se poden unir coa súa propia comida todas as persoas que o desexen. 

A romaría continúa pola tarde cunha xincana infantil (17:00 horas) e rematará coa actuación de Paco Nogueiras que nos trae os seus cantacontos “C@nto contigo”.

Ide facendo plans!

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 Xuño, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
19 Xuño, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.