zas-campamentos-veran-2024

Mañá ábrese o prazo para anotarse nas actividades de verán dirixidas á rapazada

Ademais de campus de fútbol, haberá catro quendas de campamentos nas Torres do Allo dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos

 

A partir de mañá, día 10, e ata o 20 de xuño está aberto o prazo para inscribirse nas diferentes actividades de verán dirixidas á rapazada e que están organizadas polo Concello de Zas. Detallámolas todas a continuación:

Campus de fútbol CD Concello de Zas

Do 1 ao 12 de xullo realizaremos dúas quendas; unha do 1 ao 5 de xullo para os nen@s nacidos entre o 2019 e o 2015 e outra para os nen@s nacidos entre o 2014 e 2010. Nas diferentes xornadas adestrarán, realizarán diversos xogos, aprenderán técnicas e farán distintas competicións fomentando en todo momento a deportividade. O prezo é de 30€ por nen@ e inclúe camiseta conmemorativa, merenda saudable e seguro de accidentes.

Os nenos e nenas interesados poden anotarse do 10 ao 28 de xuño no 981 751 398 (CSC de Zas) ou no 627 755 016 (Emilio)

Escola de Pesca

Os nenos e nenas de entre 7 e 16 anos pode asistir a unha xornada de aprendizaxe en pesca, dirixida por David Arcay, que se realizará o 5 de xullo no Couto de Baio. As inscricións son de balde e pódense realizar no enderezo electrónico federacion@fgpesca.org indicando nome, apelidos e idade d@ nen@.

DeporCampus

O Campo Municipal Platas Reinoso de Baio acolle do 29 de xullo ao 2 de agosto unha nova edición do DeporCampus Cabreiroa. Será de 10:00 a 14:00 horas e terá un custo especial de 105€ para os nenos e nenas que forman parte do CD Concello de Zas.

As inscricións poden realizarse a través a través da seguinte ligazón: https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/zas-2024/inicio

Campamentos de verán

Ao igual que nos últimos anos teremos dende finais do mes de xuño, e durante os meses de xullo e agosto os campamentos de verán destinados a contribuír á conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza. Realizaremos catro quendas en horario de 10:00 a 14:00 horas e están dirixidadas a nenos e nenas de 3 a 12 anos. O prezo é de 15€ por nen@ e terán preferencia os empadroad@s e alumnos dos centros escolares do Concello de Zas. A maiores tamén se ofertará o servizo de madrugadores (de 08:30 a 10:00 horas) que terá un custe adicional de 10€/nen@. Estas son as datas das diferentes quendas:

  • Do 25 de xuño ao 9 de xullo
  • Do 11 ao 30 de xullo
  • Do 31 de xullo ao 14 de agosto
  • Do 16 ao 30 de agosto

Máis información e inscricións do 10 ao 20 de xuño no 981 751 398 (CSC de Zas) ou no 981 718 056 (CSC de Baio). 

Unha vez pechado o periodo de inscricións, o persoal municipal poñerase en contacto coas familias para o pago das tasas 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 Outubro, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.