festa-fin-campamentos-urbanos

Máis de cen nenos e nenas de todo o municipio participaron nos campamentos urbanos deste verán

Esta foi unha das actividades de maior éxito da programación estival e que se despediu onte cunha gran festa infantil nas Torres do Allo

 

Pouco a pouco o verán vai chegando ao seu fin e con el remata tamén a programación cultural posta en marcha polo Concello de Zas durante os meses de xullo e agosto. Foron dous meses moi intensos cunha gran oferta de actividades para toda a familia. Pero sen dúbida unha das de maior éxito foron os campamentos urbanos que se realizaron nas Torres do Allo e cos que o goberno municipal pretende facilitar a conciliación familiar e laboral da nosa veciñanza.

En total participaron máis de cen nenos e nenas tanto do noso concello como doutros limítrofes. Realizáronse catro quendas de dez días naturais e, aínda que en cada unha delas se trataron temáticas diferentes, todas incluíron actividades de xénero, medioambientais e cívicas. Os campamentos, que se realizaron en horario de mañá, estiveron guiados polos monitores e monitoras da empresa Divir-TT.

Gran festa

Os campamentos despedíronse onte ata o próximo ano cunha gran festa celebrada nos exteriores do pazo das Torres do Allo e á que asistiron unha boa parte dos nenos e nenas que participaron nas diferentes quendas. Houbo de todo: inchables, festa da escuma e unha gran sesión musical co DJ Rokiño. 

Ata alí achegouse tamén o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, quen puido comprobar de primeira man o éxito dos campamentos xa que tanto os pais/nais alí presentes coma os nenos e nenas que participaron na actividades contáronlle o ben que o pasaran nos campamentos. Muíño aproveitou a ocasión para desexarlle a todas e a todos unha feliz volta ao cole. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

14 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.