en_negro_contra_a_viloencia_v2

Máis de cen comercios e bares do concello de Zas tinguiranse de negro para denunciar a violencia machista

A campaña “En Negro contra a violencia” posta en marcha polo Centro de Información á Muller do Concello de Zas desenvolverase entre os días 18 e 28 de novembro.

Máis de cen comercios e bares do municipio de Zas participan na campaña “En Negro contra a violencia” posta en marcha polo Centro de Información á Muller do Concello de Zas e que se desenvolverá entre os días 18 e 28 de novembro.

O Alcalde, Manuel Muíño, manifesta a súa satisfación pola boa resposta que están dando os pequenos comercios do concello a esta campaña de concienciación. “É un orgullo para un concello de 4.000 habitantes que participen a práctica totalidade dos comercios que foi posible grazas á colaboración da Asociación Empresarios Comarca de Soneira”, sinala Muíño.

Entre os participantes atópanse comercios de todos os sectores; textil, calzado, alimentación, farmacia e parafarmacia, hostelería,… ubicados principalmente en Baio e en Zas.  Na campaña participan tamén tres centros educativos do municipio. Todos os participantes contarán cun distintivo e os seus escaparates, estantes e manequís tinguiránse de negro entre os día 18 e 28 de novembro.

En Negro Contra a Violencia é unha campaña para concienciar á cidadanía sobre a lacra da violencia machista impulsada pola concellería de Igauladade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela. Este ano, son 16 os concellos que se sumaron á iniciativa que se enmarca dentro do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que terá lugar o vindeiro 25 de novembro. Os concellos participantes son: A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Santiago de Compostela, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas.

A campaña xa conta cunha páxina de Facebook na que se actualizan novas e información sobre o transcorrer da campaña en todos os concellos adheridos. Así mesmo, nos vindeiros días estará operativa a páxina web www.ennegrocontraaviolencia.gal na que ademais de atopar información específica, poderase visionar un mapa con todos os establecementos que participan na campaña.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.