xornada-presente-futuro-lino

Máis de 150 persoas confirmaron a súa asistencia á xornada do liño que se celebra este sábado nas Torres do Allo

Tamén está previsto que asistan o reitor da UDC, a Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e a Directora do Campus Industrial

 

Analizar o papel da artesanía en xeral, e do liño en particular, na sociedade actual será o tema sobre o xire a xornada que se celebra este sábado na Torres do Allo organizada polas áreas de Patrimonio e Turismo da Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Zas, a Universidade da Coruña e a Asociación Amigos do Liño.  

“Presente e futuro do liño” é o título deste evento que reunirá a máis de 150 persoas na horta do pazo máis antigo de Galicia. Entre elas confirmaron a súa asistencia Julio E. Abalde, Reitor da Universidade da Coruña; Mª Jesús Movilla, Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade; e a Directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares. 

O programa

A xornada, conducida por Jorge Mira, comeza ás 11:00 horas coa recepción das persoas asistentes. Tras un breve acto inaugural, haberá dúas conferencias. Manuel Escourido Calvo, Coordinador e docente do Grado en Xestión Industrial da Moda no Campus de Ferrol da UDC, falará sobre moda e sostebilidade. E a continuación será a quenda de Mª Elvira Lezcano González, Docente do Grado en Xestión Industrial da Moda no Campus de Ferrol da UCD, que analizará a relación do liño e a historia da arte. Esta primeira parte da xornada rematará coa intervención de Xosé Penas Corral, Deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento.

Ás 12:00 horas haberá un desfile con modelos locais de diferentes pezas de roupa elaboradas con liño, encaixe e outros artigos artesanais. Ao remate, Tania Caamaño ofrecerá un concerto co que se dará paso a unha degustación de produtos da zona e outros tipicos das tradicionais comidas do liño. Xosé Regueira, Viecepresidente da Deputación da Coruña; e Manuel Muíño, serán os encargados de pechar o acto. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.