pel_deputacion

Liña de axudas para pequenas e medianas empresas

O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado martes 27 de febreiro as convocatorias oficiais das axudas do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña para o que a institución provincial destina un total de 4,28 millóns de euros

 

O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado martes 27 de febreiro as convocatorias oficiais das axudas do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. A institución provincial distribuirá un total de 4,28 millóns de euros, a través das liñas PEL PEME e PEL EMPRENDE, destinadas a incentivar a contratación en pequenas e medianas empresas e a impulsar as novas iniciativas empresariais da provincia, respectivamente.

As axudas distrubúense da seguinte forma:

Liña 2.1 PEL EMPRENDE. INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e fortalecementodo tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

Estas axudas son para autónomos e empresas con unha antigüedade máxima de 5 anos desde a data de publicación da convocatoria destas axudas.As entidades poderán presentar un orzamento mínimo de gasto de 2.500 euros e un máximo de 25.000 euroos ( excluído o IVE), e poderán solicitar unha subvención máxima de 25.000 euros.
Os conceptos subvencionables son os seguintes:Aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe, mobiliario e equipos para procesos de información (ordenadores).
 
LIÑA 3.1 PEL PEMES. CREACIÓN E AMPLIACIÓN. Axudas para a creación e ampliación do cadro de persoal de Pemes e micropemes en calquera das modalidades xurídicas existentes, con centro de traballo rexistrado en concellos da provincia de mnos de 20.000 habitantes e con domicilio fiscal na provincia da Coruña.
Poderase solicitar esta subvención para a contratación dun traballador /a durante un máximo de 12 meses.Poderán subvencionarse as contratacións realizadas entre 01/01/2018  e ata 2 poseriores a data de resolución da axuda. A cuantía da subvención será como máximo do 75% dos costes de contratación.O contato deberá realizarse por un períogo mínimo de 12 meses, en calquera modalidade de contrato (indefinido, temporal, de substitución, para a formación ou prácticas).
 
Liña 3.1 PEL PEMES. MANTEMENTO. Axudas para o mantemento do cadro de persoal de Pemes e micropemes, sendo subvencionables aquelas contratacións indefinidas realizadas polos/as beneficiairos/as da convocatoria PEL PEMES 2017.
 
As bases reguladoras das tres liñas de subvención poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 32 de 15/febreiro/2018) a través da seguinte ligazón:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=15/02/2018

 
A convocatoria das tres liñas de subvención poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 40 de 27/febreiro/2018) premento na seguinte ligazón:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=27/02/2018
 
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal). O prazo de presentación das solicitudes péchase ás 14:00 horas do 22 de marzo de 2018.
 
Lembramos que na páxina https://emprego.dacoruna.gal se pode consultar información actualizada do Plan de Emprego Local.
 
Máis información:
Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas
Número de teléfono:981 708 303


As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña, http://www.dacoruna.gal , pechando o prazo de presentación ás 14.00 horas do 22 de marzo de 2018.

Lembramos que na web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultar información actualizada do Plan de Emprego Local. 
 
Máis información : Servizo de Emprego e desenvolvemento local do Concello de Zas, tel. 981708303.

 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 Outubro, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 Outubro, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 Outubro, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 Setembro, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 Setembro, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 Setembro, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.