2CARTEL_LEES_Pared_Galicia_Generico_V3_DEFINITIVOv3

Lanzadeiras de Emprego 2017

Para mellorar a empregabilidade das persoas que están en paro e na busca dun novo emprego.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, pon en marcha unha nova edición do programa Lanzadeiras de Emprego, nos Concellos da Coruña, Carballo, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Lalín, que permitirá mellorar a empregabilidade das persoas que están en paro e na busca dun novo emprego.

  • Colectivos aos que se dirixe: Homes e mulleres, entre 18 e 59 anos, inscrit@s como demandantes de emprego, desempregad@s, con perfís diferentes, dende estudos básicos ata titulados universitarios. Non é necesario ter experiencia laboral. O detalle específico das condicións destas lanzadeiras especifícanse máis abaixo.
  • Duración da lanzadeira: 5 meses, comezarán o 10 de maio e finalizarán o 13 de outubro. Do 14 ao 18 de agosto haberá un descanso.
  • Lugar de inscrición: Preferiblemente na páxina web Lanzaderas de Empleo
  • Prazo de inscrición: Ata o 20 de abril de 2017.
  • Selección de participantes: En cada localidade na que se vai desenvolver a lanzadeira, haberá unha persoa que actúe como coordinadora da lanzadeira, quen fará unha selección de 20 persoas, entre os solicitantes, previa entrevista.

Tamén poden informarse, solicitar e entregar impresos de inscrición nas oficinas de emprego a través dos axentes de emprego e desenvolvemento local.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 Agosto, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.