O martes 2 de agosto tivo lugar no Concello de Zas o III Concurso de Pinchos, dentro da programación da Semana Cultural. Mentres que o público degustou e o xurado deliberou actuaron o grupo de gaiteiros da Asociacion A Fonte de Fornelos.
ESTABLECEMENTOS PREMIADOS:
· 1º PREMIO DE PINCHOS TRADICIONAIS: Restaurante Palacio de Cristal (Croqueta de queixo de Arzúa e marmelo)
· 2º PREMIO DE PINCHOS TRADICIONAIS: Casa Rogelio de Baio (Freixo)
· 1º PREMIO DE PINCHOS INNOVADORES: Restaurante Mar de Ardora (Arroz con grelos e carabineiros)
· 2º PREMIO DE PINCHOS INNOVADORES: Restaurante A Lareira de Baio (Calabacín recheo de boi)
MEMBROS DO XURADO:
Antonio Souto Ferraz, José Antonio Tato Louzao, Pablo Paz Rey e Marcos Fernández López