presentacion-VIII_MostraTeatroAfeccionadoLabartaPose

Este sábado comeza a VIII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coa representación de “Perdón que che chapuse”, unha comedia que nos trae Quenchedera Teatro

Este sábado, día 26, arranca a VIII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña e do grupo de teatro Badius.

“Quenchedera Teatro”, formado por un grupo de amigas de Muros, será a primeira compañía que se suba ao escenario. Traerannos a súa obra “Perdón que che chapuse”; unha comedia de 45 minutos de duración dirixida a maiores de 13 anos. A función comeza ás 21:00 horas e será no Auditorio de Zas.

“Este ano batemos marca de solicitudes, con 33 obras de teatro de toda a comunidade. Este é un dato que se traduce en que o teatro afeccionado segue moi vivo e que esta Mostra de Teatro xa está consolidada como un referente cultural”, destaca o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, que esta mañá presentou o cartel da VIII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. 

As representacións continuarán durante o mes de maio, sempre as nove da noite, e repartiranse entre o Auditorio de Zas e o Auditorio de Baio. Estas son as demáis obras finalistas:

  • 3 de maio: “Camiños e carreiros”, de Andaravía Teatro (Vedra). Unha comedia para todos os públicos. As 21:00 horas no Auditorio de Zas.
  • 10 de maio:  “Segredos de familia e licor café” de Martabelas Teatro (Teo). Comedia para todos os públicos que será ás 21:00 horas no Auditorio de Baio.
  • 17 de maio: “Pan con chocolate”, do Colectivo Cultural Olloamao (Barreiros). Unha comedia para todos os públicos que se representará a partir das 21:00 horas no Auditorio de Zas.
  • 24 de maio: “Heroínas cotiás”, de Muiñeiras do Vento (Ferrol). Un drama para todos os públicos. 21:00 horas no Auditorio de Baio.

 

Entrega de premios

Unha vez representadas todas obras teremos que agardar ata o 31 de maio para coñecer o reparto de premios, que este ano ascende a un total de 4.400 euros, nun acto que terá lugar a partir das 18:00 horas no Auditorio de Baio e no que tamén actuarán os membros da Escola Municipal de Teatro do Concello de Zas.

Unha das principais novidades desta edición, en canto aos premios se refire, é a creación do premio especial “Centenario Labarta Pose” dotado con 500€ que se lle outorgará á mellor comedia en homenaxe a Labarta e tendo en conta que na súa obra está moi presente a comedia.

Esta é a distribución dos premios:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo

• Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo

• Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo

• Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo

  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo
  • PREMIO ESPECIAL CENTENARIO LABARTA POSE: 500€, trofeo e diploma acreditativo

O mellor actor e a mellor actriz desta oitava edición da mostra tamén recibirán cadanseu trofeo e diploma acreditativo.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

11 Agosto, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.