ANDAINAS_2025

Este sábado arranca o programa de andainas “Zas, a paso lento”

A saída é as 10:00 horas da Praza do Concello e para participar é necesario anotarse previamente

Este sábado, día 12, ponse en marcha o programa de andainas “Zas, a paso lento” incluído dentro da programación “Verán en Zas” organizada polo Concello de Zas.

O punto de encontro será ás 10:00 horas na Praza do Concello e dende alí as persoas participantes realizarán unha ruta circular “Ao son do río de Zas”. Son uns nove quilómetros de andaina de dificultade baixa para atravesar as diferentes carballeiras situadas á beira do río de Zas ata chegar a San Martiño de Meanos. Unha vez alí, e tras un breve descanso, regresarase de volta á Praza do Concello.

Para participar é necesario anotarse previamente a través dos números de teléfono 981 75 13 98 ou 981 71 80 56 ou no formulario https://bit.ly/andainas25. As inscricións son de balde.

As andainas continúan o 19 de xullo (Brandomil) e o 1 de agosto (Baio).

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

30 Xullo, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.