xornadas-educacion-viaria-Zas

Escolares do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas aprenden as normas básicas da seguridade viaria nun circuito instalado no Pavillón Municipal de Baio

Esta é unha actividade posta en marcha polo Concello de Zas en colaboración coa Policía Local de Zas e de Carnota

Centos de alumnas e alumnos de diferentes idades do CEIP Labarta Pose de Baio e do CPI de Zas participan estes días nas xornadas de educación viaria organizadas polo Concello de Zas en colaboración coa Policía Local de Zas e de Carnota.

Para iso instalamos no Pavillón Municipal de Baio un circuito no que os escolares aprenden as normas básicas da seguridade viaria dun xeito práctico e divertido. Andrés Alonso, Policía Local de Zas, é o encargado de impartir estas sesións xunto con membros da Policía Local de Carnota. As sesións comezan cunha parte teórica sobre as diferentes sinais horizontais e verticais e, a continuación, vén a parte práctica na que uns exercen de peatóns, outros de conductores e outros de axentes da seguridade. Para iso facilítase diverso material adaptado ás súas idades tales como bicicletas, patinetes, karts e mesmo unha bicicleta específica para nenas e nenos con mobilidade reducida. 

Esta mañá desprazáronse ata alí o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e Pilar García, Concelleira de Educación e Promoción Económica e comprobaron o ben que o estaban a pasar os máis pequenos. As xornadas comezaron o luns e continúan ata mañá mércores que se realizarán en horario de 09:30 a 14:00 horas. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

7 Xuño, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 Xuño, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 Xuño, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 Xuño, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...
3 Xuño, 2026
Ante as informacións aparecidas nos últimos días e a nota difundida polo PSdeG-PSOE de Zas respecto ao permiso de investigación mi...
23 Maio, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...