A_HIPPIE_CHULEIRA_DE_JOSE_E_AMPARO_2

Dez persoas usuarias do SAF do Concello de Zas participan nun programa pioneiro de estimulación no domicilio

Un dos últimos traballos foi a realización de máscaras con refugallos e a elaboración de postres típicos do entroido

 

O pasado mes de novembro, o Concello de Zas a través da súa Concellería de Servizos Sociais puxo en marcha un programa pioneiro na zona dirixido ás persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar – SAF – do noso municipio e que ten como obxectivo promover a vida activa das persoas que precisan de apoios domiciliarios co fin de obter melloras cognitivas, anímicas e funcionais.

No Programa de Estimulación no Domicilio participan neste momento dez persoas e está previsto que proximamente se incorporen máis. Un dos seus últimos traballos foi a realización de máscaras a partir de refugallos e de doces típicos de entroido que se publicaron estes días nas redes sociais do Concello de Zas. O resultado da experiencia foi emocionante e positivo tanto para as persoas participantes como para o persoal auxiliar do servizo que, nos vindeiros días, recibirán un Certificado de Recoñecemento en nome do Concello de Zas e da empresa xestora, Atendo. Precisamente é o persoal auxiliar quen presta os apoios necesarios para que as pesoas que participan no programa poidan realizar as actividades propostas.

Ao longo destes meses realizáronse diversos traballos manuais, relacionados coas temáticas do Nadal, do día da Paz e San Valentín ademáis das actividades propias de estimulación cognitiva adaptadas ao momento do ano.

O equipo técnico que leva o programa da empresa Atendo está formado pola Educadora Social, Rocío Vázquez e a Coordinadoras do SAF, Patricia Amigo e Rocío Amigo; xunto coas profesionais do departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas,  Mª Angélica Pose, traballadora social; e Yolanda Vecino, educadora familiar. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 Setembro, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 Setembro, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 Agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
29 Agosto, 2026
Este domingo, 30 de agosto, celébrase no Campo Municipal de San Andrés a XXXV edición do Trofeo Concello de Zas, unha cita que xa ...
20 Agosto, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 Agosto, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.