curso_salvamento_socorrismo_acuatico_zas

Cursos de salvamento e socorrismo acuático

A formación esta dirixida a mozos e mozas maiores de 18 anos e en situación de desemprego

 

A Deputación da Coruña impartirá, dentro do marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático: 

  • AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)
  •  AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica)

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas no caso de un número elevado de inscricións, só se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello.

O prazo de inscrición está aberto ata o próximo VENRES  5 DE FEBREIRO ás 14:00 horas. Só se admitirán as 6 inscricións enviadas por mail por cada concello antes das 14 horas dese día e que conten coa documentación imprescindible (formulario de inscrición e informe médico).

Nos documentos que se anexan, detállase toda a información relativa ao proceso de inscrición e á selección das persoas participantes.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

28 Xullo, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
15 Xullo, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 Xullo, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 Xullo, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 Xullo, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 Xuño, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
Logo concello de zas colorido
Política de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che parecen máis interesantes e útiles.